Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme

Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme
Vecinos de Corme nunha charla de Ventonoso Veciños afectados polo parque eólico de de Corme nunha charla de Ventonoso

Xa explicamos no seu día como a repontenciación dos parques eólicos pode converterse ás veces nunha trampa para os propietarios afectados. Pero parece que os veciños de Corme están convencidos da boa vontade das empresas enerxéticas. O pasado venres achegábase a Asociación Ventonoso, que leva 15 nos tratando de esclarecer información sobre estes mares de viraventos que asolagan o noso territorio, e non houbo moita resposta da veciñanza afectada.

Antes, os veciños xa participaran nunha reunión da plataforma veciñal que está en negociación ca empresa, pero que non acolleu de boa medida a visita, meramente informativa, desta entidade.

Jado Diéguez de Ventonoso, en Corme Jado Diéguez de Ventonoso, en Corme

Jado Diéguez tratou como é o plan de repotenciación (“modificación sustancial” oficialmente) do parte cormelán, unha vez que a redución de muíños é moi alta, pasando de 71 a 7. Segundo nos conta, o contrato antigo (de hai máis de 20 anos), incluía un 1,5% dos beneficios nos 10 primeiros anos e o 4% nos seguintes. O novo contrato, o mesmo que se ofrece en Coristanco (A Silva) e Muxía, a empresa está ofrecendo 2,75%.

O caso é que estes viraventos van ser tremendamente produtivos, pasando das 4.200 horas ao ano, cunha rentabilidade de máis de 800.000€/ano. Deste xeito, e facendo unha valoración á baixa (a un prezo de 75€/MGW), cada un dos propietarios afectados (agora moi poucos) cun viravento completo na súa finca, podería recibir do entorno do 22.000€.

Á redución de propietarios afectados únese a redución do que cobrará o Concello de Ponteceso polo canon eólico. Estes anos estaba cobrando máis de 100.000€, e agora a rebaixa será importante.

Nova sesión en Zas e Santa Comba

Esta semana tocaralles visitar aos afectados pola repotenciación do parque de Zas e Santa Comba. Ventonoso estará na casa parroquial de Santa Sabiña este mércores, ás 21:30h.

Costa da Morte, zona 0

Diéguez avanza que a Costa da Morte vai ser a zona 0 dos eólicos co novo plan de urxencia aprobado coa chamada “Lei de Depravación de Galicia”. Vimianzo (con 4 novos parques), Coristanco, e outros concellos da zona terán novos “veciños xigantes” antes de que remate o 2019.

Novas relacionadas

Outras novas eólicas

 

Fonte

Comentarios