Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O voluntariado de Limpocean realizou unha limpeza na Praia de A Ermida

Limpeza praia_2
O voluntariado de Limpocean realizou unha limpeza na Praia de A Ermida

Este pasado sábado, o voluntariado de LimpOcean, coa colaboración do Concello de Ponteceso, levou a cabo unha limpeza da Praia de A Ermida, en Corme, Ponteceso. Foi outra desas citas de limpeza activa e loita contra a contaminación, pero tamèn de concienciación do moito que ensuciamos os humanos.

As e os participantes nesta actividade de limpeza da praia, recolleron un sen fin de lixo como botellas de plástico, redes, vasos, caixas e un longo etcétera.

Unha vez remata a recollida dos residuos atopados, entre todos e co asesoramento dos membros de Limpocean, clasificaron os residuos para que logo fosen integrados na rede de reciclaxe municipal.

Limpeza praia_3Limpeza praia_1

Comentarios