Xosé Manuel Varela lembrará ós regueifeiros bergantiñáns na homenaxe a Mandián e Calviño
Na tarde noite do vindeiro sábado 2 de xuño, o Campo da Festa de Xornes acollerá os actos de homenaxe ós regueifeiros pontecesáns Mandián (José García Amarelle) e Calviño de Tallo (José Fernández Rama).
O acto comezará da man de Xosé Manuel Varela, colaborador deste diario e grande dinamizador cultural en Bergantiños, que fará lectura dun pequeno discurso no que se realizará un repaso pola tradición da regueifa na comarca de Bergantiños. Neste falarase dos nomes e anécdotas dos regueifeiros que houbo polos distintos concellos da comarca, desde Carballo ata Cabana de Bergantiños. Non só se falará dos homes, o xénero máis abundante entre estes artistas, senón tamén dunha muller, Leonarda de Tallo, unha das mellores representantes desta modalidade da poesía oral ó longo do século XX.
O punto de arranque da xornada efectuarase ás 19.30h. A seguir, ás 20.00 h celebrarase unha regueifa con catro cantadores da zona de Vigo (Pinto de Herbón, Luís o Caruncho, Bieito Lobariñas e Josiño da Teixeira) e catro da comarca de Bergantiños (Fermín da Feira Nova, Guillermo da Rabadeira, Suso de Xornes e Antonio de Xornes). Tras a regueifa celebrarase unha churrascada e un baile coa animación do Dúo Omega.
A organización, no caso de mal tempo, desenvolverá as actividades a cuberto no local social da parroquia.
Novas relacionadas
- Caldebarcos rima nos Muíños unha oda ao millo.
- Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa.
- Cabana vai gravar unha polafía.
- Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- A “Polafía”, unha auténtica viaxe en vídeo pola tradición de Cerqueda.
- Cabana homenaxea ao regueifeiro Fermín Calvo no Salón Social de Silvarredonda .
- Xosé Manuel Varela: Castelao por Concha Blanco e Neira Vilas por María Canosa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).