Martes. 15.10.2024
El tiempo

Alumn@s xalleir@s prántanlle cara ao lume

Alumn@s xalleir@s prántanlle cara ao lume
Alumnos do IES Terra do Xallas nunha sesion informativa da USC sobre os lumes Alumnos do IES Terra do Xallas nunha sesion informativa da USC sobre os lumes

Interesante sesión formativa, de campo, a que viviron os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Terra do Xallas de Santa Comba. No marco do proxecto "Plantándolle cara ao lume", impulsado pola USC, disfrutaron dunha xornada organizada en colaboración entre o centro de ensino xalleiro e a Universidade de Santiago de Compostela. Otilia Reyes Ferreira (profesora de Ecoloxía) e dúas alumnas da Facultade de Bioloxía impartiron unha charla introductoria sobre a problemática dos incendios forestais sobre os ecosistemas

Toda a xornada se realizou a pé de campo, a través dunha saída guiada a unha área da parroquia de Montouto con varias zonas queimadas en distintas épocas e anos.

Os alumnos poideron observar sobre o terreo os danos dos lumes nos solos, os cambios que os incendios producen na vexetación e as distintas estratexias das especies vexetais para resistir a este impacto. Nas áreas con incendios repetitivos, as especies que non posúen estas estratexias de resistencia, desapareceron.

A visita contou tamén coa colaboración dun axente forestal do distrito V que aportou información sobre a forma de expansión dos distintos lumes, do perigo que supón a extinción e dos custes económicos desta extinción.

Ademais, ao igual que no caso doutra actividade formativa relacionada coa natureza e o medio, como foron as saídas xeolóxicas dos alumnos do IES Terra do Xallas, contouse coa colaboración do Concello de Santa Comba, colaboración inestimable á hora de que os coñecementos prácticos adquiridos polos alumnos, trascendan do recinto escolar cara a sociedade.

Organización forestal do territorio

Nesta actividade educativa medioambiental, tratouse tamén a necesidade dunha organización forestal do territorio, favorecendo as especies autóctonas que poderían frear esta destrución anual do noso territorio e que, ademais, teñen un valor económico máis elevado no mercado. Organizadores e participantes queren concienciar á poboación en xeral de que entre todos urxe un cambio, como veñen solicitando asociacións da comarca como Boca de Sapo, a Asociación Forestal de Galicia ou a a #ILPdoBosque.

Novas relacionadas

Artigos sobre os incendios

Fonte

Comentarios