Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Axio Mouro estrea o seu novo espectáculo con doble función

Fun a mina de varilongo Axio Mouro
Axio Mouro estrea o seu novo espectáculo con doble función

Estrea a Asociación Cultura Axio Mouro o seu novo espectáculo: "Fun a mina a Varilongo”. A entidadem que apenas ten 6 anos de vida, e naceu o amparo da antiga Escola Municipal de Música e Baile Tradicional do Concello de Santa Comba, xa é un referente cultural nas terras do Xallas.

A obra é idea, guión, montaxe e dirección de Pablo Seoane, que ademais de ñeva impartindo clases en Santa Comba dende fai 25 anos e realizando unha gran labor polo ensino do tradicional, ten tempo para formular novas propostas escénicas.

Estréase en Mazaricos e con doble función, pois para a do sábado 25, ás 21:30h agotáronse moi pronto as entradas, polo que se decidiu facer outra o domingo 26 ás 17:00h tamén na Casa da Cultura da Picota.

A obra lembra a mina de Varilongo (Varilonco dise realmente pola zona) descuberta en 1914, e neses primeiros anos sacábase ferro e cuarzo, pero en 1941, apareceron os primeiros filóns de wolframio. "Fun a mina a Varilongo" representa a historia da vida de moitas persoas que xusto despois da guerra civil española, se aventuraron en vir a Santa Comba na procura dun soño. O de facerse rico co denominado Axio Mouro, ou ouro negro. O Wolframio.

Así, conta a historia en primeira persoa, da man do actor Dani Baamonde, dun cidadán portugués (que ben puido ser, de calquer sitio, xa que máis de 5000 persoas viñeron o wolframio), que nos narra as peripecias da súa vida. Como se entera do descubrimento da mina, como chega, como se adapta o lugar, as festas, os amoríos, a vida.....O espectáculo, conta de 14 escenas nas que se fai un amplo percorrido polo máis variado do folclore tradicional galego, recollido precisamente na comarca do Xallas.

O espectáculo, do que forman parte unas 75 persoas, está feito integramente por xente da asociación. No Video e Producción de Promoción está Tomás Pereiro e a entidade manda os agradecementos a A.C. Ximiela de Louro, S.R. San Xoán de Calo, Concello de Mazaricos e Concello de Santa Comba.

𝐼𝐼𝐼 𝐹𝒪𝐿𝐼𝒜𝒟𝒜 𝒟𝒪 𝒜𝒢𝑅𝒪 𝒟𝒜 𝒫𝒪𝒩𝒯𝐸

Foliada da Ponte

Ademais, a entidade anuncia a súa ruada, a III Foliada do Agro da Ponte, que se vai celebrar ao aire libre na Praia Fluvial de Esmorode.

A Asociación didecaralla a seu mestre Pablo Seoane.

Comentarios