Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Santa Comba loita contra a ubicación dos parques eólicos de Castriz

Alcalde de SAnta Comba cos responsables de Minas
O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, á esquerda, cos responsables de Minas
O Concello de Santa Comba loita contra a ubicación dos parques eólicos de Castriz

Está decidido o alcalde de Santa Comba en colocarse do lado dos veciños e intentar evitar a instalación do parque eólico de Monte Toural. David Barbeira mantimo unha xuntanza co Xefe Territorial de Enerxía e Minas, Isidoro Martínez Arca, para amosarlle o rotundo posicionamento contrario do Concello á instalación dos viraventos, co afán de preservar o entorno da Fervenza de Castriz dun macro parque (dous aereoxeneradores de 180 metros de altura colocaríanse a apenas 400 da fervenza), que condicione a vida dos veciños, e que deteriore un espazo de gran riqueza medioambiental e cun gran potencial turístico.

Martínez tendíu a man para presentar un informe de carácter medioambiental e turístico que se valoraría antes da emisión dos informes definitivos de impacto ambiental por parte da Consellería de Medioambiente.

Unha Declaración de Impacto Ambiental que tamén terá que ter en conta a presenza dunha planta única no mundo, a pequena “Centaurea Ultreiae”, a que os seus pouco máis de 6000 exemplares coñecidos están nunha pequena área das terras que unen Monte Castelo e Monte Toural, nas parroquias xalleiras de Bazar e Castriz, e que según os estudos, incluidos os da propia Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia está declarada “ en perigo de extinción”.

Novas relacionadas

Comentarios