Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Conta Láctea: Os Gandeiros melloran a capacidade negociadora cos primeiros compradores de leite

211108_MR_Charla Conta Lactea_Santa Comba II
Conta Láctea: Os Gandeiros melloran a capacidade negociadora cos primeiros compradores de leite
Tralo seu paso por Mazaricos, a Xunta e a Fundación Juana de Vega achegáronse tamén polo Multiusos de Santa Comba para ofrecer unha charla informativa sobre a nova aplicación “Conta Láctea”.

Na xuntanza explicouse o funcionamento e as utilidades desta aplicación informática, creada pola Xunta en colaboración con esta fundación, para calcular os custos de produción das explotacións leiteiras. Así, a idea é mellorar a capacidade negociadora dos gandeiros diante dos primeiros compradores de leite.

O representante da Xunta, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, pediulle ao Goberno central que teña en conta na Lei da cadea alimentaria esta aplicación como forma de acreditación do custo efectivo de produción. A preguntas dos gandeiros sobre a inacción da Xunrta, apuntou que “a Xunta non pode fixar prezos mínimos para os produtos agrícolas ou gandeiros, porque isto non está permitido pola normativa de competencia española ao consideralos unha restrición ao libre mercado”, e referiuse unicamente ao comezo da tramitación do “ Observatorio lácteo e da marca Leite de pastoreo de Galicia” por parte da entidade autonómica.

Novas relacionadas

Comentarios