Luns. 29.04.2024
El tiempo

Detectan casos de Lingua Azul nunha granxa de Santa Comba

vacas nunha granxa costeira
Detectan casos de Lingua Azul nunha granxa de Santa Comba

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de dez animais positivos á lingua azul, confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid), e pertencentes a tres explotacións centinelas de Abegondo, Frades e Santa Comba.

A lingua azul é unha enfermidade vírica de carácter infeccioso non contaxioso (non se tramite por contacto directo duns animais a outros), transmitida por diferentes especies de mosquitos do xénero Culicoides (vectores biolóxicos) que transmiten a enfermidade pola picadura a animais infectados e posterior picadura a animais sans. Nese senso, cómpre sinalar que a lingua azul non é unha zoonose, é dicir, non é transmisible ás persoas, nin por contacto directo cos exemplares positivos nin por consumo de produtos cárnicos.

Zona restrinxida e vacinación

Coa declaración oficial dos novos focos declarados na data de hoxe na provincia da Coruña, todo o territorio de Galicia vai ser incluído como nova zona restrinxida en España fronte o serotipo 4 da lingua azul, e polo tanto coa necesidade de acometer a vacinación dos animais sensibles nestas novas zonas de restrición.

As principais consecuencias da declaración dunha zona restrinxida para o sector gandeiro de bovino e ovino consisten en que durante a época de circulación do vector existen restricións aos movementos dos animais vivos sensibles se non se realizou a vacinación previa.

Lembran que campaña de vacinación que arrincou o pasado 7 de marzo, xa leva vacinados 336.000 animais. Na segunda campaña, para os animais máis novos, permitiu vacinar a 25.000 animais.

Comentarios