Esixen a inmediata solución para os problemas de calefacción na escola de Busto

14:09 19/03/24
O BNG de Santa Comba vén de esixir a solución inmediata dos problemas de calefacción da escola rural de Busto. O responsábel local nacionalista, Juan David Sixto, despois de rexistrar a solicitude no Concello, defendeu a urxencia de poñer fin "ao deterioro absoluto de centros públicos do concello e, moi especialmente, neste centro rural que leva máis dun ano sen ter as condicións mínimas para a actividade educativa sen resposta algunha por parte do goberno municipal".
A denuncia do BNG de Santa Comba sobre a deficiencia no sistema de calefacción da escola rural de Busto, que fai parte do CRA A Tarandeira, súmase ás presentadas recentemente sobre as deficiencias do Centro de Saúde e o Colexio Barrié de la Maza.