Xoves. 14.11.2019
El tiempo

ELECCIÓNS

A integración de TEGA e PP avanza en Santa Comba

Concelleiros de TEGA e do PP nun pleno de Santa Comba
Concelleiros de TEGA e do PP nun pleno de Santa Comba
A integración de TEGA e PP avanza en Santa Comba
A integración de TEGA e PP avanza en Santa Comba

A falta de confirmación oficial, parece que os pasos de TEGA e PP van na mesma dirección. Socios de goberno, xa levan moito tempo barallando a posibilidade de integrarse nunha mesma lista, nun mesmo proxecto, de cara ás eleccións de maio de 2019. Primeiro foi o Segundo Tenente de Alcalde e Obras e Infraestructura Javier Facal, que leva moitos meses sumando no proxecto de goberno. Despois foi a concelleira de Deportes, Silvia Cancela, xa confirmara a súa “fichaxe” polo grupo popular (coincidindo coa súa incorporación á Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol).

Queda pendente a confirmación de Chisco Ameijeiras, o voceiro de Terra Galega, primeiro Tenente de Alcalde e Coordinación áreas de goberno municipal e relacións Institucionais e Veciñais. E parece que a cousa podería confirmarse en vindeiras datas, unha vez que o pasado venres houbo unha reunión interna na que “quedou patente a predisposición dos asistentes, para negociar a integración co Partido Popular, aglutinando o cento-dereita de Sta. Comba, para concurrir ás próximas municipais”, segundo nos confirman voces do partido.

Comentarios