Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Maleta Viaxeira deixa un feixe de libros sobre igualdade na Biblioteca de Santa Comba

Maria Rivas e Alberto Romar en Santa Comba
A Maleta Viaxeira deixa un feixe de libros sobre igualdade na Biblioteca de Santa Comba

Nova rolda de viaxes de Mavi e a súa Maleta Viaxeira. A campaña de igualdade do goberno estatal fixo parada en Santa Comba, e ata alí desprazouse a subdelegada do goberno María Rivas. Acompañada do alcalde socialista Alberto Romar, quixeron destacar estas primeiras accións vinculadas co 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Porque o obxectivo desta maleta, que permanecerá na Biblioteca Municipal de Santa Comba ata dentro de tres meses, é promover entre a veciñanza a reflexión, sensibilización e concienciación ao redor da violencia de xénero.
Nen@s e maiores poden xa atopar libros sobre feminismo, empoderamento e autoestima. Ao mesmo tempo preténdese favorecer un pensamento crítico ante estereotipos e roles de xénero que se perpetúan socialmente e promoven a violencia de xénero.

A maleta viaxeira contén 14 títulos escritos por mulleres entre os que se atopan “Ao meu non me ía a pasar: unha autobiografía con perspectiva de xénero” de Laura Freixas, “Feminismo para principiantes” de Nuria Varela Santolaya e libros dirixidos á público infantil como pode ser “Violeta & CO cambian o mundo” de Paquel Díaz Reguera ou “Rosa Caramelo” de Adela Turín. Tamén incorporou libros de literatura infantil para o público infantil, así como un diario no que as persoas lectoras que así o desexen poidan reflexar a súa experiencia e contribuír deste xeito a enriquecer esta iniciativa que pretende ser dinámica e mellorar no seu percorrido.

Visita municipal

Aproveitou Rivas e visitou o Concello para asinar o libro de honra. Xa en reunión de traballo co rexedor, repasaron as inversións realizadas polo Goberno de España no concello, entre as que destacan os 30.974,91 euros recibidos este ano no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para desenvolver actividades de prevención e sensibilización nesta materia.
Lembraron os 900.000 euros invertidos na substitución de 2.603 luminancias e lámpadas, así como a despregadura da liña de alta velocidade que fixo que Aberto Rede chegase a 730 fogares e empresas de Santa Comba.

Comentarios