María Josefa cumple 106 anos
Moita xente a coñece por "Maripepa de Rieiro”, pero a ela lle gusta o seu nome completo, María Josefa Espasandín Caamaño. A xalleira máis lonxeva celebrou onte os 106 anos na compañía da súa familia.
Nacía un 10 de Maio de 1914, nun mundo ben diferente ó actual, en Rieiro- Arantón, e, cos seus esplendorosos 106 anos, conserva unha saúde e actividade envexable.
María Josefa é a auténtica raiña da súa casa, aínda que o que máis está botando de menos nestes meses de confinamento é "as visitas ó Centro Socio-Comunitario de Santa Comba", a onde acudía case tódolos días, incluídos os que había baile.
O feito de non poder sair da casa polo coronavirus faille a María Josefa tirar de privilexiada memoria e lembrar “o que lle contaba súa nai, que cando era unha nena houbera unha gripe moi mala" ; aludindo á mal chamada "Gripe Española" que diezmou a población mundial, española e galega alá polo 1918.
Alcalde de Santa Comba David Barbeira García, fíxolle entrega dun ramo de flores e dunha torta para celebrar tan sinalado.