Carnota sofre a morte de dúas mulleres
 
              
    21:50 06/05/20 
            Día triste este mércores 6 de maio en Carnota. Dúas mulleres falecían.
Por un lado, Enriqueta Bermúdez Domínguez, a centenaria de Quilmas e unha das máis lonxevas de toda a comarca, falecía aos 106 anos de idade.
Por outro lado, unha muller de Louredo de San Mamede aparecía morta este mediodía dentro do seu coche, que ademais estaba calcinado. A familia, despois de notar a súa falta, chamou ás forzas de seguridade, pero cando atoparon o vehículo, na estrada que sae cara Cornide, o vehículo xa estab calcinado e nada puideron facer para salvarlle a vida.
 
       
       
             
             
         
           
          