Martes. 15.10.2024
El tiempo

María Pose negocia con Feijoo a construción dunha Residencia para Santa Comba

  • A Xunta aprobou o proxecto para a senda peonil na AC-404 entre A Ponte e Santa Catalina
Feijoo con Maria Pose
María Pose negocia con Feijoo a construción dunha Residencia para Santa Comba

Reuníase onte a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Unha reunión con dous eixes fundamentais: a mellora das vías de comunicación e a construción dunha residencia.

Feijoo analizou a proposta xalleira de acondicionar unha edificación como residencia de maiores e a posibilidade de incluír un Centro de Día nesa instalación. O proxecto podería obter ata 1, 5 M€ de financiamento do Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia.

Pose pediu tamén un aparato de Raios X para o Centro de Saúde, e ademais estase reparando a climatización da piscina, que conta xa con financiamento da Secretaría Xeral para o Deporte.

Melloras viais

Xa se publicou no DOG a aprobación do proxecto construtivo dunha senda peonil na estrada autonómica AC-404, entre A Ponte e Santa Catalina, no concello de Santa Comba. A Xunta destinará a esta actuación de mellora da seguridade viaria un investimento que rolda os 155.000 euros.

A senda será pola marxe dereita, entre os puntos quilométricos 1+880 e 2+330, que terá continuidade nos dous sentidos coas beirarrúas xa existentes, antes e despois, do tramo obxecto da actuación.

A maiores, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) está a tramitar a licitación da redacción do proxecto para acondicionar o treito do Alto do Paofito na AC-406.

Comentarios