Unha muller falecida tras sufrir un incendio na súa vivenda da Illa
13:38 19/10/22
Corrían as 18:00h de onte martes, cando saltaba unha alarma no 112 por un posible incendio nunha vivenda no lugar Illa, na parroquia xalleira de Freixeiro. En 8 minutos os Bombeiros do Xallas chegaban ao lugar e comprobaban que se trataba dun incendio nunha cociña, ateigada de fume.
A vítima fora rescatada pola veciñanza e situada, sen aparentes síntomas de vida, nun palleiro. Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil, e dos axentes da Policía Local e Protección Civil do municipio, acodiron ao lugar pero foi imposible salvarlle a vida.
Os Bombeiros, ademais de sufocar o incendio, conseguiron rescatar un can.