Os técnicos municipais que fan posible que Santa Comba teña un dos mellores servizos de comunicación de Galicia
Cando dicimos que Santa Comba é un Concello pioneiro en comunicación dixital non o dicimos por que si. Xa o eran en 2007, cando se convertían nunha das primeiras administracións do país en ofrecer un servizo de mensaxería por SMS. A día de hoxe segue estando na vangarda, ofrecendo un servizo directo, completísimo, efectivo e imparcial, que podería ser a envexa de calquera cidade, chegando coa maior inmediatez a case o 90% da poboación a través da rede.
Unha das cousas máis difíciles de crer é que o completo servizo de comunicación coa veciñanza sáelle absolutamente de balde ao Concello, gracias á implicación, profesionalidade e versatilidade de varios dos seus técnicos municipais. Lonxe dos esteotipos (do “esto sáese da miña función, polo tanto non vou facelo”) os Javier Silvariño Espasandin, Marcelo Recarey Alves, Manuel Vilariño Calvo, Jose Maria Suarez Mariño e Jose Manuel Vazquez Rodriguez fan da reciclaxe e das gañas de aprender e mellorar unha verdadeira demostración de compromiso coa veciñanza.
Unha veciñanza que tamén devolve, con palabras de agradecemento e parabéns, o que supón sen dúbida, a maior satisfacción para estes protagonistas na sombra. Unha satisfacción que tamén chega cando outros concellos se poñen en contacto con eles preguntando “como é posible facer todo isto con medios propios”.
Queremos falar directamente con eles para que nos conten como funciona o servizo de comunicación, que inclúe publicacións a través das redes sociais e da páxina web, mensaxería instantéa a través do whastapp, gravación e emisión de plenos, impartición de cursos de alfabetización dixital, e mesmo unha APP, a novidade deste curso.
Como se xestiona?
Xestiónase todo por medio do Departamento Informático, Audiovisual e Multimedia, onde se canaliza toda a xestión por medio de traballadores municipais que ademais de facer o seu traballo diario noutras cousas de administración xeral, xuventude, ou Protección Civil, traballa para manter vivo este departamento, aínda que algún deles cada vez se adica máis a este departamento que lle absorve gran parte da carga diaria de traballo, xa que é un servizo vivo e en constante actualización que lle ten que dar saía a información de forma constante.
Con que sistemas informáticos se traballa?
Traballamos con programas informáticos de uso doméstico, non nos complicamos demasiado a vida, vamos ao práctico e sinxelo. Calquera cos que traballamos o poder ter calquera usuario no seu ordenador. Tampouco, salvo o informático, somos profesionais do tema, aínda que algo de coñecementos hai que ter, que na maioría é formación autodidacta, aínda que cando podemos beneficiámonos da formación que a administración pon á nosa disposición.
Tamén hai que dicir que contamos con colaboracións puntuais, si necesitamos un dron para documentar con fotografías algún expediente podémolo conseguir casi ao instante con piloto titulado e coste cero para as arcas municipais.
Coste económico?
O coste económico que lle supón ao concello é mínimo e insignificante. Algunha inversión de vez en cando como os 800 euros de dúas cámaras domésticas que o concello adquiriu hai 8 anos, ou un ordenador.
Outros concellos teñen todo ou en parte do servizo externalizado, de feito estableceuse contacto con varias empresas e o coste de xestionar todo era desorbitado para concellos como os nosos e nin sequera chegaban a ofertar a metade do que facemos nós. Aquí todo se fai desde os propios traballadores municipais.
Tamén hai que dotar de contido os servizos?
Por suposto, non só preparamos os sistemas, os mantemos e os actualizamos, senón que nós mesmos nos encargamos de recompilar toda a información e redactar todos os textos de temas tan diversos como historia, turismo, demografía, arquitectura, patrimonio ou datos e curiosidades sobre as costumes e os personaxes xalleiros.
Tamén levamos o arquivo de prensa diario referente as información municipal, e os enlazamos con servizos pertinentes. Xestionamos os datos históricos ou estadísticos, como a completa reportaxe publicada a semana pasada con todos os premios de lotería que caeron no municipio nos últimos 20 anos. Ata diriximos e confecionamos o diseño do 90% cartelería que se fai pública con sistema informáticos específicos.
Tamén hai un traballo interno que non se ve. O informático asiste a todo o personal nos problemas do días a día e na tramitación dixital. O departamento tamén xestiona as indicendías de todo os sistema de telefonía con máis de 100 liñas activas. Na nosa man tamén esta a realización de completos dossieres e estudios informativos con todo tipo de datos que os diferentes gobernos municipais utilizan cando pretenden demandarlle algunha mellora a diferentes administracións e transmitirlle a necesidade dunha actuación urxente. Un deses dossieres, neste caso sobre o Polígono, está en marcha, da man do novo equipo de goberno.
Hai moita demanda dos servizos?
Hai altas nos diferentes servizos todos os días. A demanda é tal que, si por calquera motivo se coñece o falecemento dun veciño e non se puido publicar a esquela con celeridade por, por exemplo, aínda non estar fixada a hora do enterro, nótase a presión dos veciños reclamando unha publicación da esquela de forma inmediata.
Proxectos de presente e futuro
Encher de vida a APP
Non paran un segundo, e xa están facendo un seguemento da APP, que nunha semana xa pasou das 600 descargas. Ademais seguen actualizándoa. Xa incluíron as carteleiras dos cines de Santiago, Coruña e Carballo, e pronto poderemos ver como vén o tempo, tanto na zona como nas praias máis frecuentadas polos veciños xalleiros. “Será unha app viva en permanente actualización e atendendo as demandandas veciñais”, explican.
Informe sobre o polígono
Así mesmo, están rematando o devandito estudio sobre o polígono industrial e o seu entorno, traballando mesmo con drones.
Están establecendo un sistema de pantallas de video en diferentes puntos do municipio empezando por sustituir a obsoleta pantalla do Campo da Feira.
Tamén están tratando de mellorar o son nas gravacións das sesións plenarias.
Visibilizando os autónomos
Un proxecto aínda en fase de maduración e máis complexo, é establecer un enlace para que todos os empresarios, profesionais e autonómos poidan ter na propia web municipal un pequeño espacio cos seus datos profesionais, un par de fotografías e un pequeno texto sobre a súa historia ou desenvolvemento do seu traballo profesional algo do que a maioría, sobre todo os autónomos carece. Estase actualmente cun traballo interno de desenvolvemento para presentalo o equipo de goberno. Neste senso parece que a colaboración bilateral concello e o tecido empresarial e comercial pode ser o idóneo nun futuro inmediato.
Recuperando a historia… e de Atomé
A recuperación da web santacombanamemoria é outro dos obxectivos inmediatos. Esta web é a que alberga toda a recopilación histórica do municipio por medio de fotografías. Este departamento chegou a recopilar e a identificar casa por casa máis de 5.000 fotografías históricas que radiografiaron con detalle a evolución no municipio no sector comercial, banca, empresas de autobuses, talleres, evolución urbanística, conmemoracións relixiosas, persoeiros relevantes coa súa vida e por suposto as festas e a historia do fútbol, entre outros. Dentro dun proxecto da Xunta de Galicia poidose incluir gran parte dese material nunha web pública que no seu momento foi secuestrada por hackers que vendían calzado deportivo falsificado. Na actualidade o dominio está inactivo. Si non é posible recuperalo tentarase de facer unha nova web desde cero.
Na mesma liña, a recuperación e dixitalización das viñetas do caricaturisma Atomé será outro proxecto ao que se lle dará impulso, aínda que se pretenden tramitar algún tipo de subvención nun proxecto que se considera moi importante dentro pasado cultural do municipio e de Galicia. O traballo presenta certas dificultades, xa que necesita desplazar a persoal municipal co material necesario, de forma máis ou menos periódica a diferentes organismos e empresas que custodian o material en diferentes cidades para revisar miles de documentos que corresponden a un período duns 20 anos. Só en hemeroteca de prensa é necesario revisar preto de 7.500 exemplares.