Venres. 18.06.2021
El tiempo

O PSOE de Santa Comba solicita a execución da alcaldía rotatoria

David Barbeira e Ucha Velo formaran goberno enSanta Comba
David Barbeira e Ucha Velo durante o pleno de investidura do primeiro en 2019
O PSOE de Santa Comba solicita a execución da alcaldía rotatoria

Chega o 15 de xuño, 2 anos despois do pleno de investidura que colocaba a David Barbeira como alcalde de Santa Comba. O que era único edil de CxG saía investido gracias aos 6 votos do PSOE, para superar ao PP, a forza máis votada (tamén con 6 edís). Daquela, o pacto verbal entre os dous grupos, era compartir unha alcaldía rotatoria, que recalaría en José Antonio Ucha Velo ao remate dos dous primeiros anos de lexislatura.

Así o entende o PSOE, que vén de solicitar no rexistro un pleno extraordinario para aprobar a rotación na alcaldía. Os edís socialistas José Antonio Ucha Velo, Jessica Antelo álvarez, Cristina Fajín Barreiro, Blanca María Ruzo Blanco, José María Espasandín e Carlos Turnes Romero asinan o escrito no que explican a súa postura sobre a “condición dunha alcaldía rotatoria”: “É público e notorio que o pacto de goberno alcanzado en Santa comba entre os grupos municipais Compromiso por Galicia (CxG) e Partido Socialista (PSOE) establece unha Alcaldía rotatoria de dúas anos”.

Esperan que o pleno se convoque nos próximos 15 días, mentres se espera pola posición do alcalde David Barbeira.

Novas relacionadas

comentarios