luns. 02.12.2024
El tiempo

Santa Comba, Concello pioneiro en comunicación dixital

O seu Departamento de Audiovisual e Multimedia, creado por técnicos municipais, vén de crear unha nova APP para teléfonos móbiles 
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O Concello de Santa Comba estrea APP
Santa Comba, Concello pioneiro en comunicación dixital

O Concello de Santa Comba é un auténtico pioneiro en materia de comunicación dixital. É, sen dúbida, o Concello que máis accións directas realiza para reducir a fenda dixital. A comunicación directa coa cidadanía a través das novas ferramentas dixitais son unha realidade. E ademais, sen gastar un duro.

En calquera outro concello ter un servizo de comunicación municipal que inclúa un community manager, mensaxería instantéa, gravación e de plenos (unha TV online, vaia), creación de contidos para a web municipal, impartición de cursos de alfabetización dixital, e mesmo unha APP (a novidade da temporada, da que agora falamos), custaría un importante (pero seguramente rendible) investimento.

Pero o de Santa Comba non é un concello calquera. Poucos concellos contan cun grupo de técnicos municipais tan comprometidos, traballadores e versátiles como os Marcelo Recarey, Manuel Vilariño, José María Suárez ou José Manuel Vázquez. Un grupo de profesionais entregados aos seus veciños, que saben o que significa reclicarsel aboralmente levando os seus hobbyes ao servizo do pobo. Eles son os responsables de toda esta marea de información.

Como primeiro dato: cando calquera deles sube un documento ou anuncio municipal a dous servizos como Facebook ou wuasap chega de forma inmediata a máis de 8.000 usuarios. Si se utilizan todos os seus servicios telemáticos públicos poden chegar os 50.000 en só un mes.

As fiestras dixitais do Concello de Santa Comba

A nova APP “Concello de Santa Comba

APP Concello Santa Comba

Xa tiñan unha dende hai anos, pero departamento de Audiovisual e Multimedia acaba de lanzar unha APP para teléfonos móviles xa dispoñible na playstore. Esquelas, traballo, prensa, farmacias, solicitar citas para o centro de saúde ou revisión da ITV, escoitar os plenos ou recibir ofertas de traballo entre outros… Diferentes empresas están ofertando apps similares a un coste que ronda os 6.000 euros que en Santa Comba gracias a maña dos seus traballadores saíulle gratis. Nun só día xa ten 300 descargas pero desde o concello non esperan que sexa o servizo máis demandado.

Para os que a queiran disfrutar desde xa, deixamos aquí o enlace directo de descarga para subscribirse na Playstore.

Redes sociais

As súas redes sociais son seguidas dirariamente por preto de 6.500 personas. O Grupo de Facebook de “Avisos Concello Santa Comba conta con 1.617 usuarios. O máis popular con todo tipo de información é o Santa Comba Info+ con 4.864 seguidores.

Whatsapp

O departamento en cuestión xestiona seis grupos de avisos de wuasap que teñen 1.576 membros. Os usuarios reciben todo tipo de avisos de interese xeral, sobre todo de desenvolvemento de actividades, bandos, ofertas de emprego e alertas de temporais recibidas polo 112 Galicia.

Televisión online

Tamén teñen activo un canal de TV en Youtube con 598 suscritores. Santa Comba é un dos contados concellos que graba en video as sesións plenarias, e aínda que de momento non as emiten en streaming, en menos de 12 horas teñenas subidas a rede, incluso en fins de semana, nun exemplar xesto de transparencia. As sesión plenarias da nova lexislatura teñen preto de 5.500 visualizacións en cinco meses.
Neste canal o concello publica todo tipo de videos promocionais das súas actividades como o autocross, rallymix, carreira popular, gala do deporte ou cabalgata de reis. En todo caso, cómpre asegurarse de ter unha velocidade conexión superior a 2Mbps para poder disfrutar de este contenido cunha mínima calidade.

Os videos máis vistos son a charla técnico táctica co adestrador David Vidal, incluso dentro dos vestiarios e organizada conxuntamente polo propio concello Xalleiro e o medio Quepasanacosta, que supera as 20.000 visualizacións.
Séguelle a entrevista con Marcos Rodriguez Pantoja “El niño Lobo de Sierra Morena”, que veu a participar en Santa Comba nas xornadas do lobo con un total de 9.879 visualizacións. O terceiro video máis visto é o pleno da moción de censura a José Antonio Ucha con 5.346 visualizacións.

Páxina web

Si estos datos son espectaculares para un pequeno concello de algo máis de 9.000 habitantes os datos da súa páxina web non quedan atrás. A súa web santacomba.es ten 40.000 entradas mensuais.

O meirande éxito da web e pódese decir que de todo o servicio de información público do concello son as esquelas. Creado en colaboración coas funerarias, as cales se lle facilitou un acceso directo da web para que poideran elas mismas subir os datos xa directamente, este servizo conta con máis de medio millón de entradas (exactamente 566.235) en algo máis de dous anos, está rondando as 350 entradas diarias.

Cursos de alfabetización dixital

O informático municipal leva a Aula CeMIT con paixón, e fai un verdadeiro uso de modernización e inclusión tecnolóxica con cantidade de cursos, como os exitosos cursos de formación a persoas maiores no uso dos teléfonos móbiles.

Comentarios