Santa Comba confirma 3 novos positivos por coronavirus
Segue medrando a incidencia do coronavirus nesta segunda tanda na Costa da Morte. Tralos 5 positivos recoñecidos onte Ponteceso, os 10 rexistrados en Muros, o pequeno brote de Baíñas e varios casos illado de Fisterra, Carnota... Hoxe é o Concello de Santa Comba o que asegura ter constancia de 3 casos de positivos confirmados por covid_19.
Estes datos oficiais, facilitados polas autoridades Sanitarias, e non son considerados como gromo ou brote, se ben os datos poderían variar en función dos resultados das probas PCR que se están a facer a tódolos contactos próximos dos declarados positivos.
Desde o Concello de Santa Comba queren "transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación e incidir moito na prevención, distanciamiento social e hixiene. En canto recibamos novas informacións sobre números e localizacións, irase informando inmediatamente" .
Ademais anuncian a cancelación das actividades organizasas polo Concello ou en instalacións municipais, en principio durante esta fin de semana. Co ánimo de manter