A empresa cárnica de Baíñas confirma que os 7 casos positivos son asintomáticos e que lle fixo PCRs a todos os traballadores
A empresa Produtos Cárnicas Domínguez, que tiña que botar o peche a semana pasada ante a aparición dun brote de coronavirus, confirma hoxe que son 7 os traballadores da planta que deron positivo nos test do COVID19. Aseguran ademais que todos son asintomáticos, e que se atopan dende o 5 de agosto illados nos seus domicilios, e ningún deles tivo que ser hospitalizado.
Os 32 traballadores da planta pasaron os tes rápidos despois dos dous positivos iniciais, e a empresa contacta diariamente cos traballadores en relación ao seu estado de saúde.
Paralelamente a empresa quere lembrar que "cumpre coas normativas ISO imprescindibles para garantir a seguridade alimentaria de todo o proceso de fabricación, e que recientemente realizou unha limpeza química certificada en todas as instalacións". Así mesmo afirma que "seguiu as recomendaciones do Ministerio de Sanidade desde que se declarou a pandemia e activou un protocolo de seguridade para todas as súas actividades e instalacións".
Confirman que "as instalacións recuperarán a actividade normal unha vez que as autoridades sanitarias confirmen que os traballadores están libres de coronavirus".