Martes. 19.10.2021
El tiempo

A socialista Cristina Fajín entra no grupo de goberno popular de Santa Comba

Cristina Fajin con Ucha Velo
Cristina Fajín con Ucha Velo nun acto socialista
A socialista Cristina Fajín entra no grupo de goberno popular de Santa Comba

Non deixa de dar sorpresas a vida política municipal de Santa Comba. Trala enésima moción de censura que situaba, por terceira vez, como alcaldesa á popular María Pose, o Concello rexistraba esta mañá de luns 30 de agosto, un novo e singular decreto.

Un decreto (que aínda terá que ser modificado) que modifica a lista de novos edís do goberno do PP, na que inclúe unha novidade: a presencia de Cristina Fajín, aínda membro do PSOE. Fajín foi, xunto ao voceiro Ucha Velo, os únicos edís socialistas que apoiaron a moción de censura, e agora pasa a ser concelleira de Cultura e Turismo, collendo dúas das áreas que collera nun principio o edil Manuel Iglesias Mouro, que queda con Educación, Xuventude, Medios Tecnolóxicos e Formación.

Unha decisión comprometida tanto no seo do PP local, como do PSOE, pero que dá conta da nova liña que percorre por Santa Comba despois do paso de David Barbeira na alcaldía, que conseguíu poñer en común dúas forzas tan antagónicas como son PP e PSOE.

Fajín asume o reto “con ilusión, pero tamén con medo”, consciente de que o “fuego amigo” pode ser un verdadeiro problema. No seo do PSdeG continúa aberto, dende a moción, un expediente disciplinario aínda sen resolver.

Fajín recibira a oferta a comezos de verán e leva un tempo valorando a decisión. Decidiuse tendo en conta que dende a moción a súa relación coa alcaldesa e o grupo popular está sendo “moi cordial”, e “creo que podo aportar o meu grao de area nunha área que coñezo e que me entusiasma”.

Dende o outro lado, a alcaldesa María Pose explica que “fixemos unha moción de censura entre dous grupos para solventar o absoluto desgoberno que había en Santa Comba, poñendo o interese dos veciños por encima dos intereses persoais e dos partidos”. Ademais, Pose sempre entendeu o traballo na administración local como un punto máis de “xestión que de ideas políticas”.

Novas relacionadas

comentarios