Venres. 29.03.2024
El tiempo

María Pose, alcaldesa de Santa Comba por terceira vez trala nova moción de censura

Maria Pose de novo alcaldesa de Santa Comba
María Pose, de novo alcaldesa de Santa Comba. Fotos: Concello de Santa Comba
María Pose, alcaldesa de Santa Comba por terceira vez trala nova moción de censura

Malia que podía pasar de todo, e máis no marco da singularísima situación política municipal de Santa Comba, todo transcorreu sen sorpresas. A terceira moción de censura en apenas 13 anos convertiu de novo a alcaldesa a María Pose. É a terceira vez que a popular recolle o bastón de mando, como xa fixo en 2014 trala dimisión do entón alcalde, e en 2016 trala histórica moción de censura contra o socialista Ucha Velo.

Desta volta, e sen público no salón de plenos, o alcalde saínte era David Barbeira. O único edil de CxG, nomeado alcalde gracias aos votos do PSOE, non cumpriu a palabra de rotar a alcaldía ao remate dos dous primeiros anos de lexislatura. Unha decisión que provocou que o propio Ucha Velo, chamado a ser alcalde nestes dous últimos anos de mandato, apoiase unha moción de censura coa popular María Pose como candidata á alcaldía.

E chegou o día. Barbeira fixo un discurso en clave de despedida, e cada voceiro expuso as razóns que nos levaron ata aquí. Pose lembrou que é a lista máis votada e se queixou da “parálise” municipal. E Ucha cargou contra a falta e consenso do que foi o seu “socio” de goberno, que o obrigou mesmo a investir á alcaldesa que o botou do cargo en 2016.

Finalmente, como se esperaba, non faltou ningún edil do PP; Ucha Velo e a concelleira Cristina Fajín cumpriron co seu acordo de votar a Pose, sendo pois un total 8 votos a favor da súa investidura, fronte ás 4 abstencións dos outros edís socialistas e o voto en contra de Barbeira. María Pose volvía ser alcaldesa.

Maria Pose arroupada polos membros do PP de Santa Comba co baston da alcaldia-2021
Maria Pose arroupada polos membros do PP de Santa Comba co baston da alcaldia-2021

Queda pendente ver como queda a situación do PSOE xalleiro, onde leva Ucha 20 anos á fronte, tralas palabras de Gonzalo Caballero de que a Secretaría Autonómica vai abrirlle un expediente. Un Ucha que é o gran protagonista das 3 mocións de censura, nunha situación única, pois dúas foron presentadas contra el, e esta mesma participa activamente na investidura da súa eterna rival cando lle debería tocar a el asumir o mando.

UCha Velo protagonista da vida politica municipal
Ucha Velo, sen dúbida, un dos grandes protagonistas da vida municipal xalleira

David Babeira alcalde sainte de Santa COmba
Barbeira, alcalde saíntePleno sen publico e emitido por Youtube
Desta volta foi un pleno sen público, pero que se emitiu por Youtube
:

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios