Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Translatio de Cereixo, a iconografía en pedra máis antiga que se coñece

Translatio na porta lateral da Igrexa de Cereixo
O turismo patrimonial, unha aposta decidida do Concello de Vimianzo
A Translatio de Cereixo, a iconografía en pedra máis antiga que se coñece

Continúa o Concello de Vimianzo sendo un dos mellores exemplos do país en materia de turismo patrimonial. A recuperación do seu castro das Barreiras; o coidado do Museo da Artesanía en vivo, as visitas guiadas ao Castelo, á Ruta dos Dolmens ou aos Petroglifos….

Cereixo é outro dos puntos a aproveitar, e o Concello xa ten en marcha un novo proxecto de posta en valor a través dunha axuda da Xunta, dentro do programa O Teu Xacobeo . Trátase de recuperar o episodio da “Translatio de Cereixo” e os Camiños de Santiago da comarca.

A Translatio é unha imaxe singular, única, situada no tímpano da porta lateral da Igrexa de Santiago de Cereixo. Tratase da iconografía en pedra máis antiga que se coñece no mundo sobre ese tema e, ademais, está inspirada nas primeiras versións que falaban de que o cadaleito do Apóstolo viña acompañado de sete discípulos. Por outra banda, na clave do tímpano aparecen as figuras dun bispo co báculo na man e un anxo que parecen presenciar a escena, imaxes que fan referencia a outra parte da tradición xacobea, a Inventio, ou descubrimento do sepulcro.

A presenza da advocación de Santiago en Cereixo, tan preto do santuario da Virxe da Barca de Muxía, fai pensar na posibilidade de que a ría de Camariñas e Cereixo poidese funcionar como porto de chegada de peregrinos do norte de Europa dende a Idade Media.

Recollida de información e simposio

O proxecto ten 4 partes, ademais da recompilación de patrimonio documental sobre a Igrexa de Santiago de Cereixo, organizarase un Simposio para os días 25 e 26 de outubro.

Ademais, haberá Visitas guiadas (escolares e para adultos) á Igrexa de Santiago de Cereixo, onde haberá unha exposición (do 23/10 ao 06/11) que estará formada polas obras que envíe quen queira inspirada na Traslatio.

Exposicion Translatio Cereixo-Vimianzo

Comentarios