Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A CMAT, satisfeita co apoio das administracións ao Camiño Fisterra-Muxía

Foto Obradoiro O Camiño Continúa
Foto no Obradoiro presentando a iniciativa O Camiño Continúa
A CMAT, satisfeita co apoio das administracións ao Camiño Fisterra-Muxía

Organizaba onte un encontro o ente xestor do xeoturismo costeiro, Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), na Praza do Obradoiro, coas administracións. Unha reunión con presencia de Gumersindo Guinarte, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, José Manuel Pequeño, e a presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez e o vogal José Marcote, así coma o equipo da Secretaría Técnica da CMAT composto por Marta Rodríguez e Manuel Carneiro e do gabinete de comunicación, Irene González.

"Os representantes das diferentes Administracións mostraron a súa aposta unánime no impulso do Camiño Fisterra e Muxía", recoñece a presidenta do CMAT, Mónica Rodríguez, que tamén que “o encontro serviu para fomentar e intensificar a relación e os lazos de colaboración entre a CMAT, entidade que xestiona a promoción do xeodestino Costa da Morte, e as entidades involucradas na promoción turística no eido local, provincial e autonómico”.

 O Camiño, de viaxe na rede

A CMAT tamén presentou no encontro a campaña O Camiño Continúa, que dará un impulso á promoción do Camiño de Fisterra e Muxía como unha das Rutas Xacobeas oficiais e promovendo que os peregrinos continúen o Camiño tras a súa chegada a Compostela ata Fisterra e Muxía e toda Costa da Morte.

As autoridades presentes no Pazo de Raxoi acompañaron ata o Obradoiro aos bloggers especializados en viaxes que participan na campaña O Camiño Continúa. Eles vivirán a experiencia do Camiño de Fisterra e Muxía e daranno a coñecer nos seus blogs e nas súas redes sociais, que chegan a uns 130.000 seguidores de todo o mundo.  Son Bo Saldaña, de El mundo ok; Leticia Pérez, de Trucos viajeros; Eva Abal, de Una idea un viaje; Dani Keral, de Un viaje creativo; e Alberto Ribas, de Al vientooo.

Está previsto que a campaña O Camiño Continúa chegue aos 130.000 seguidores das redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter) de Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Ribas, todos especializados en viaxes. Os seus blogs contan con máis de 475.000 visitas mensuais (El mundo ok, 80.000; Trucos viajeros, 26.600; Una idea un viaje, 180.000; Un viaje creativo, 125.000, y Al vientooo, 65.000). Para non perder detalle, a experiencia de O Camiño continúa pode seguirse nos blogs e perfís das redes sociais tanto dos bloggers coma da CMAT (Instagram, Twitter e Facebook).

5 bloggers visitan a Costa da Morte coa CMAT

Comentarios