A Vía Céltica preséntase na casa
10:40 09/11/21
Descubríamolo en QPC a finais de verán, e a Asociación Costavales o presentaba oficialmente en setembro. Toca seguir espallando a Vía Céltica, a nova ruta xacobea que vertebra a Costa da Morte dende as terras do Xallas.
Para iso, o Concello de Santa Comba realizará unha nova presentación do libro “Vía Céltica, Os Caminhos de Santiago por Santa Comba”, este venres precisamente no Multiusos xalleiro. A cita será ás 20:30h e hai expectación máxima por coñecer este novo Camiño que pode cambiar a fisionomía e o sector turístico da vila.
Joan Evans, autor do libro, será o que debulle a historia da ruta.