Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A xalleira María Ramos, exemplo da Muller Rural

Maria Ramos na Bana polo Dia da Muller Rural
Maria Ramos na Baña
A xalleira María Ramos, exemplo da Muller Rural

Esta pasada fin de semana desenvolvíase na Baña un evento para conmemorar o #DíaInternacionaldasMulleresRurais. Da man da entidade “Mulleres de Seu”, o evento ”Alma rural” tratou de servir de recoñecemento a todas sas mulleres que loitan por traballar no rural e no que tan dificil é sair adiante.
Unha delas é María Ramos, veciña de Santa Comba e socia de SAT Os Agros. Acompañada pola alcaldesa María Pose e as Concelleiras Cristina Fajin e Silvia Cancela, María Ramos reflexionou sobre as dificultades que coas que se atopa:
"A muller sempre estivo no rural, sempre está no rural e sempre ten que estar para que o rural teña futuro”.
"Por cada muller se queda no rural, queda unha familia".
"A muller rural do século XXI é unha muller forte"

Nas mesas de reflexión, dende a Xunta aseguraron que están “a traballar pola aprobación dun Estatuto das Mulleres Rurais e do Mar Galegas, no marco da futura Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, actualmente en tramitación”.
Lembrou ademais a recente posta en marcha da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, que conta cun dos 3 centros xa operativos en Coristanco.

20221014 Muller Rural 2

Comentarios