Martes. 30.04.2024
El tiempo

Panos costeiros “Orgullosamente Rurais”

Panos Orgullosamente Rurais
Panos costeiros “Orgullosamente Rurais”

Este Nadal, ademais de apostar polas compras “en galego”, deberíamos apostar polos produtos de aquí. Un inmellorable momento para contribuír, co noso consumo, á mellora da situación económica da propia comarca.

E perfecto regalo podería ser un pano de “Orgullosamente rurales”. Así se chama o novo proxecto da baiesa Carmen V. Valiña, directora de PeriFéricas, Escola de feminismos alternativos. Trátase dunha liña de panso deseñados en colaboración coa artista galega Xiana Cobo, que nace coa “finalidade de presumir do noso mundo rural e fuxir das imaxes estereotipadas que se crean de nós dende as cidades”, como explica Carmen.

“O traxe tradicional galego, colorido e festivo, é a base, pero as escenas dos panos “Carballeira” están ambientadas na actualidade. Trátase de volver a vista ao pasado para non esquecer as raíces, pero demostrando que o rural non é unha foto fixa, senón que está en cambio permanente: da mocidade que segue apostando por quedarse na terra e vivir dela, ata as avóas con bata, pasando pola verbena de verán, intergeneracional e chea ata a bandeira, e a retranca do somier pechando unha leira, unha escena en grao sumo habitual en múltiples pobos e aldeas”, apunta.

Panos Orgullosamente Rurales de Baio

Proxedcto solidario

Pero a iniciativa vai máis aló deste accesorio e busca tamén poñer a súa granito de area para apoiar a outros proxectos que apostaron por quedarse no rural e axudar a dinamizarlo. Un euro de cada pano vendido irá destinado a un deles. O primeiro é Calo Rural, unha asociación que desde esa pequena aldea do municipio do mesmo nome en Vimianzo (A Coruña) aposta polo turismo sustentable e a cultura.

Todos os panos foron elaborados en seda 100% natural, con teas de proveedores nacionais impresas nun pequeno pobo de Granada. Ata o 10 de decembro, os panos “Orgullosamente rurales” poden conseguirse cun 10% de desconto no seu web orgullosamenterurales.com, empregando o código “lanzamientorural”.

Agora que se achegan os Nadais, por que non apostar por agasallos con raíces?

Desenos dos Panos Orgullosamente Rurais

Novas relacionadas

Comentarios