Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Xunta inicia expediente sancionador á mineira Eurobattery polas sondaxes ilegais en Castriz

Sondeos mineiros na Brana da Serra-Santa Comba 2
Imaxe das sondaxes realizadas o pasado mes na zona de Castriz
A Xunta inicia expediente sancionador á mineira Eurobattery polas sondaxes ilegais en Castriz

A raíz da denuncia presentada pola Asociación Medioambiental Petón do Lobo, así como outras presentadas por Coluna Sanfins, Sindicato Labrego Galego Comisións Labregas, BerXallas, Minaría Destrutiva Non (colectivos que forman parte de Contraminacción) e mesmo algunha presentada pola veciñanza, a Xunta abría esta semana o expediente sancionador á empresa Eurobattery Minerals, polas sondaxes ilegais realizadas na zona de Castriz, a través do Proxecto Corcel.

Se ben o xefe do Servizo de Enerxía e Minas, Juan José Iglesias Suárez, matiza que non se pode paralizar directamente os traballos, si responde que con data 18 de xuño “iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial”, facendo referencia ás conversas mantidas co persoal do Concello de Santa Comba.

Na denuncia sinalan ademáis que as sondaxes estábanse facendo nunha zona de “especial valor e alta singularidade ecolóxica”: a zona húmida Braña da Serra". Tamén destacan que "ao tratarse de sondaxes inclinadas, poderían afectar acuíferos e reservas freáticas de auga e da existencia de fontes que fornecen fornecen de auga a nove familias do lugar a pouco máis de un quilómetro de distancia".

Fontes achegadas ao proxecto aseguran que a presencia de José Manuel Corbal, eterno empresario do sector, está provocando problemas neste proxecto así como no de Varilongo, onde semella que está perdendo protagonismo.

Novas relacionadas

Comentarios