Xoves. 25.04.2024
El tiempo

26.900€ en subvencións do Concello de Vimianzo ás asociacións

26.900€ en subvencións do Concello de Vimianzo ás asociacións
Escudo do Concello de Vimianzo

O Concello de Vimianzo vén de aprobar as axudas para as asociacións culturais, deportivas e veciñais. Unha axudas clave para que estas entidades sigan sendo "un instrumento axeitado para a dinamización sociocultural e a mellora paulatina da calidade de vida dos habitantes das parroquias.

Deste xeito o concello concedeu 26.900 € para estas axudas, moi preto do investimento do ano pasado, dos cales 23.000 foron destinados ao financiamento de actividades deportivas e 3800 € a actividades culturais. Gran parte das axudas deportivas correspóndenlles aos clubs de fútbol, destacando o Soneira SD, que milita en Rexional Preferente, o que supón a necesidade dun maior presuposto, cun total de 15753, €, un club que ademais do equipo de modestos conta con categoría xuvenil e de veteranos. Ao equipo de Fútbol Sala Feminino Fisober, que milita na 2ª división nacional, concedéronselle 3395,€; ao CD Baíñas e CF Castrelo, ambos os dous pertencentes á categoría 3ª rexional, correspóndelles 754,€; e ao Club de fútbol de Veteranos de Vimianzo outorgáronselle 141,50 €. As demais asociacións que contan con subvención municipal son a Sociedade de Pesca Deportiva Neria, Asociación Neira Marcos de Salto, Asociación O Castelo de Vimianzo, Asociación Xuvenil Cherinkas e Asociación de Berdoias.

En canto á concesión de de subvencións para actividades culturais e sociais as asociación solicitantes foron a Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo, Asociación Xuvenil Cherinkas de Vimianzo, Asociación Neira Marcos de Salto, Asociación Castrobuxán, Asociaciñon Cultural Trubisquiña, Asociación de Empresarios e Comerciantes de Vimianzo, Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo, Asociación de Veciños de Pasarela, Asociación Stabat Mater, Asocición Cultrual A Rula, Asociación San Xoán de Cambeda, Anpa San Vicenzo, Asociación de Berdoias, Grupo O Revoltixo de Carantoña e Asociación Virxe da Fátima de Cambeda.

Dende a web municipal poden descargar o modelo de xustificación para as axudas.

Novas relacionadas

  • 2012: O Concello de Vimianzo reparte 32.900€ entre as entidades deportivas e culturais.
  • En marcha as Escolas Deportivas e Culturais no Concello de Vimianzo.
  • Fonte

    Comentarios