Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo reparte 32.900€ entre as entidades deportivas e culturais

O Concello de Vimianzo reparte 32.900€ entre as entidades deportivas e culturais
Escudo do Concello de Vimianzo

Presenta hoxe o Concello de Vimianzo as contas das súas axudas en clave de fomento da cultura e do deporte. Entende o Concello que "as asociacións socioculturais e deportivas son un dos mellores instrumentos para a dinamización cultural e deportiva e para a mellora da calidade de vida dos habitantes do noso concello". E nsa liña presentan as contas da colaboración económica cas mesmas.

Son un total de 32.900€ repartidos entre asociacións deportivas e culturais. Os clubes deportivos levan 23.400€ mentres que as culturais quedan con 9.500€.

Axudas culturais

No que respecta ás asociacións culturais o importe ascende a un total de 9.500€ das cales a Asociación Xuvenil Cherinkas recibe 2.900,€ que destinarán ao XVIII Asalto ao Castelo. Outra das asociacións que reciben maior importe é a Asoc. Cabalar e Cultural Monte Faro que destinará os 1.600,€ a equipamento para  a Rapa das Bestas; a A.C. O Castelo de Vimianzo, recibe 500€ para o proxecto “Carnés na memoria”; Asociación Neira Marcos de Salto investirá 500€ en “dinamización cultural coa tradición II”; a Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas dispoñen de 500€ para a Xuntanza de palilleiras, Asociación de Berdoias 400 € para as actividades culturais do 2012; Asociación San Cristóbal de Carnés 400 € para adquirir material para a Faguía, Asociación de veciños de Pasarela ASVEPA recibirá 400€ para o grupo teatral Os Sapapusios e o grupo de baile Airiños do Río Grande; a Asociación de Castrobuxán destinará 400€ á V Xuntanza campestre, a Asociación de Veciños San Xoán de Cambeda investirá 300€ en dinamización cultural; a Asociación de Amas de Casa de Vimianzo terá 300€ para realizar un curso de cociña e outras actividades; para actividades culturais serán os 200€ da Asociación Santiago Apóstol de Cereixo, para as clases de música e instrumentos a AC Trubisquiña dispoñerá de 200€, O Revoltixo de Carantoña 150 para reparación de instrumentos; a Coral Lusco Fusco de Vimianzo terá tamén 150 para equipamento da coral, a Stabat Master correspóndenlle 100 euros para Vimianzo no tempo, e outros 100€ para un curso de iniciación musical para a Asociación Virxe da Fátima de Cambeda. Os centros de ensino IES Terra de Soneira e o CEIP San Vicenzo disporán de 300 € cada un para dinamización cultural e fomento da lectura e o Ceip de Baíñas 200 para as actividades  de fomento da cultura. En total 20 asociacións socioculturais que se beneficarán das subvencións municipais.

Axudas deportivas

En canto ás asociacións deportivas o concello dispuxo un total de 23.400,€ dos cales o Soneira SD recibirá 16620,€, as rapazas do Fisober 3284,€ 746,€ e o Club de Fútbol Castrelo. A Asociación de Pesca deportiva Neria recibirá 500€ para as actividades de 2012, O Castelo de Vimianzo outros 500 para Xornadas de xogos populares; para un roteiro de sendeirismo á Asociación Neira Marcos de Salto corresponderanlle 400€, a mesma cantidade que Cherinkas destinará ao Roland Esgarros 2012; o Ceip San Vicenzo e o IES Terra de Soneira disporán de 300€ e 200 o Ceip de Baíñas para actividades deportivas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios