Xoves. 02.05.2024
El tiempo

650 palilleiras demostraron en Vimianzo o poder do encaixe galego

Palilleiras en Vimianzo 1
650 palilleiras demostraron en Vimianzo o poder do encaixe galego

Máis de 650 palilleiras, chegadas de toda Galicia, participaron este sábado no XVI Encontro de Palilleiras de Vimianzo. Artellado pola asociación As Nemanquiñas, e coa colaboración do Concello vimiancés, a xornada foi unha posta en valor da cultura e do traballo artesán destas mulleres que xa son “embaixadoras da artesanía, cultura e tradición de Galicia”.

O repicar dos palillos non parou de soar en toda a xornada, e pola mañá o pavillón estivo aberto para que a veciñanza puidese ver o minucioso traballo de todas estas artesáns chegadas de lugares como Camariñas, Viveiro, San Cibrán, Burela, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Bueu, Vilanova de Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacara, A Coruña, Boiro, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Cambre, Paderne, Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle e Abegondo.

Palilleiras VImianzo 2

Na súa intervención, a subdelegada do goberno, María Rivas quixo saudar a todas as mulleres que se reuniron en Vimianzo en “en torno ao arte do palillar” e felicitou organización por facer posible este nova edición, asegurando que nos vindeiros anos esta encontro seguirá medrando.

Tamén fixo un recoñecemento ao labor todas as participantes, e as entidades presentes, e realzar “esa tradición que as mulleres de esta terra levades poñendo en valor anos e décadas e que ademais trasladades aos mais pequenos, aos nenos e nenas” facendo de este xeito que poda perdurar no tempo e pase de xeración en xeración.

Comentarios