Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A artesanía continúa viva no castelo de Vimianzo

A artesanía continúa viva no castelo de Vimianzo
A "mostra de artesanía viva" atrae a máis de 20.000 visitantes ó ano A "mostra de artesanía viva" atrae a máis de 20.000 visitantes ao ano O alcalde do concello de Vimianzo, Manuel Antelo, e o deputado de Cultura, Turismo e Patrimonio histórico-artístico, Xosé Regueira, asinaron onte un convenio para o mantemento da Mostra de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo. Xosé Regueira e Manuel Antelo asinero un convenio de colaboración para manter a "Mostra de artesanía viva" no Castelo de Vimianzo Xosé Regueira e Manuel Antelo asinaron un convenio de colaboración para manter a "Mostra de artesanía viva" no Castelo de Vimianzo En total, a Deputación destina 70.000 euros para a realización de actividades de carácter turístico e cultural na fortaleza vimiancesa co fin de que o monumento sexa un lugar vivo e activo. Entre outras accións, o convenio entre ambas as administracións inclúe a realización de exposicións ao vivo de artesanía, visitas guiadas, roteiros a pé polo val de Vimianzo, visitas teatralizadas, coaching ou a posta en valor da riqueza artesanal. As persoas que visitan o Castelo de Vimianzo poden asistir a demostracións en vivo da elaboración de distintos produtos, xoiería, olería, maquetas de barcos, cestos, creacións en vidro, encaixe de Camariñas e liño. As distintas actividades de dinamización que se desenvolven durante todo o ano na fortaleza fan dela un referente turístico a nivel comarcal. Durante o que vai de ano vistárona máis de 20.000 persoas. Por outra parte, durante a xuntanza Xosé Regueira e Manuel Antelo avanzaron as posibles vías para a transferencia do Castelo que forma parte do patrimonio da Deputación da Coruña. Fonte

Comentarios