Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A canteira do tiro con arco costeiro está asegurada

A canteira do tiro con arco costeiro está asegurada

Se a semana comprobabamos o potencial da Costa da Morte en tiro con arco, esta comprobamos que a canteira está asegurada. O pasado xoves 8 de decembro celebrouse en Expo Ourense o III Trofeo Megaxove de tiro con arco. Neste competición participou Marcos Esperante, un dos rapaces do vimiancés Club Dousporsetenta pertencente á categoría benxamín. Marcos acadou a 3ª posición do torneo na súa categoría.

Vindeira proba

Ademais, este domingo 18 de decembro celebrarase o V Trofeo de Nadal FGTA que será valedoiro para o Campionato de España de Sala. A competición celebrarase en Lugo, no pavillón Daniel Cordido e está organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco e polo Club Arco Muralla. Ata alí desprazaranse tres arqueiros do Club Dousporsetenta para participar na competición: José Mª Lema, Martín Paz, Víctor Santos.
Pola mañán competirán en arco tradicional os representantes de Su A Agra (2 arqueiros).

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Clube Dousporsetenta da man de Víctor Santos, e do clube Su a Agra.

Comentarios