A Casa da Cultura para pagar a Casa da Cultura
09:42 09/08/11
Non hai erro de ningún tipo. Trátase dunha das posibilidades que baralla o Concello de Vimianzo para facerlle fronte ao pago da débeda da Casa da Cultura.
Na xornada de onte, o alcalde de Vimianzo, o nacionalista Manuel Antelo, declarou a Radio Nordés que o Concello está a cavilar no posible pagamento da débeda con bens inmobles do propio concello, entre os que podería estar a mesma infraestrutura que é obxecto desta polémica. Antelo asegurou que foi unha das medidas aprobadas na Comisión de Facenda de cara a atoparlle unha solución a esta situación.
O rexedor vimiancés considerou que estes problemas débense a unha mala xestión por parte do anterior goberno, de Alejandro Rodríguez. Antelo dixo que agora haberá que agardar á resposta da empresa Rodríguez Lema. Segundo o alcalde soneirán, “a débeda está aí, e as dificultades de pagamento están aí. O irmán do construtor, que anteriormente foi alcalde, dirixiuse á Xunta para solicitar un crédito e denegáronllo”.
Manuel Antelo fixo un chamamento á responsabilidade do irmán do ex alcalde e que decida entre “unhas propostas do goberno respecto do pago en especie ou fraccionado, ou levar ao Concello a unha situación económica aínda máis nefasta”.
Novas relacionadas
- Alejandro Rodríguez elude responsabilidades sobre a Casa da Cultura.
- Borbujo responsabiliza ao alcalde do pago da Casa da Cultura.
- IxVimianzo clarexa a súa postura sobre a sentencia da Casa da Cultura e pide austeridade.
- O PP de Vimianzo pide que o Concello entrege ao Xulgado o expediente da Casa da Cultura tras dous meses de retraso.
- O avogado do recurso da Casa da Cultura de Vimianzo responde a Carmen Borbujo.
- O PP vimiancés pide parar a execución da sentenza de pago do sobrecuste da Casa da Cultura.
- O pleno de Vimianzo acorda recorrer a sentenza da Casa da Cultura.
- O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura .
Fonte
- Radio Nordés - Cadena Ser.