A Cruz Vermella sensibiliza sobre o VIH aos alumnos de Vimianzo


O pasado 1 de decembro foi o Día Mundial da Resposta ao VIH e ao Sida. E a Cruz Vermella de Vimianzo realizou o pasado martes día 2 e mércores 3 unha campaña de sensibilización e prevención en 3º de ESO no IES Terra de Soneira.
A campaña consistíu en informar aos adolescentes acerca do que é o VIH e o sida, as vías de transmisión, as prácticas de risco, as formas de prevención e a onde acudir en caso de haber levado a cabo algunha das mencionadas prácticas de risco. A cada alumno repartíronselle axendas, con toda a información resumida, condoneras e preservativos femeninos. Ademáis, facilitaron un stand no recreo con acceso a tódolos estudantes e profesores do instituto.


Tamén na rede
Tamén se levou a cabo a difusión de información mediante o facebook da Cruz Vermella de Vimianzo, a través dunhas imaxes cun resumo acerca do VIH para que calqueira persoa puidese ser coñecedor de dita información.