martes. 21.07.2026
El tiempo

Unha visita teatralizada nocturna para descrubir a maxia do Castelo de Vimianzo

nouturnio de vimianzo
Unha visita teatralizada nocturna para descrubir a maxia do Castelo de Vimianzo

O Concello de Vimianzo incorpora como novidade á súa programación estival "Nouturnio de Vimianzo", unha visita teatralizada nocturna que permitirá descubrir o Castelo dun xeito diferente, entre a historia, a lenda e a interpretación.

Esta nova proposta desenvolverase os días 31 de xullo, 5 e 21 de agosto e 5 de setembro, ás 22:00 horas, convertendo a fortaleza nun escenario vivo no que os seus muros, recunchos e personaxes agochados cobrarán protagonismo ao caer a noite.

A actividade ofrecerá un percorrido guiado e teatralizado que mergullará ás persoas asistentes nos misterios e relatos que forman parte da memoria do castelo, combinando patrimonio, cultura e espectáculo nunha experiencia inmersiva para todos os públicos.

As prazas serán limitadas e será preciso realizar inscrición previa a través desta ligazón.
 

Comentarios