![A casa da Cultura de Vimianzo acolle estes días un encontro internacional sobre a mobilidade laboral]()
A casa da Cultura de Vimianzo acolle estes días un encontro internacional sobre a mobilidade laboral
A
secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, presentará hoxe na casa da Cultura de Vimianzo a "Axenda 20 para o Emprego" durante a xornada de portas abertas "Afrontar a inmigración, a emigración e a exclusión social asociada nas comunidades rurais europeas". O encontro terá lugar no marco do
proxecto internacional “ERN4mob- European Rural Europe for Job Mobility”, financiado polo programa Europa cos cidadáns- Redes de Cidades 2015 e que se desenvolve estes días en Vimianzo.
Durante a xornada de hoxe, intervirán varios expertos en mobilidade laboral nas comunidades rurais. Deste xeito, durante a xornada de hoxe - na que poden participar todos aqueles que o desexen - haberá relatorios sobre os Centros Europe Direct, sobre o sistema público de emprego en Galicia e sobre a Rede Eures para traballar en Europa. Ademais, relataranse experiencias institucionais a través do proxecto Redexiana para a promoción da empregabilidade e do proxecto Symbios para o desenvolvemento territorial inclusivo.
Experiencias persoais
Ao longo da tarde haberá varios "paneis de Expericiencias persoais" onde os conferencias falarán da súas vivencias como emigrantes ou como inmigrantes. Aquí terán o turno veciños e veciñas de Vimianzo e da súa contorna que desenvolveron a súa vida laboral extranxeiro. Tal é o caso de
Paula García Costa, que traballou dous anos en Londres; de
Dulce María Ruíz Ordóñez, que viviu en Venezuela; e de
Ricardo Pérez Villar que emigrou a Suiza. Tamén expoñerán a súa experiencia un matrimonio alemán que decidiu, fai anos, establecer en Pasarela o seu lugar de residencia.
A xornada continuará cunha viaxe virtual a cada un dos territorios que forman parte do proxecto European Rural Europe for Job Mobility.
Este evento está dirixido ao público en xeral, e especialmente a cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea, sexa por motivos laborais, por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados.
Participantes internacionais
![Os participantes procedentes de distintos países coneceron alguns dos lugares máis turísticos de Vimianzo]()
Os participantes procedentes de distintos países coneceron alguns dos lugares máis turísticos de Vimianzo
Neste encontro que se está a desenvolver en Vimianzo dende onte participan
máis de 20 persoas procedentes de distintos países socios do proxecto. Entre eles están membros do concello de Kostrzyn nad Odrą de Polonia; representantes da Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo, de Portugal; unha organización supramunicipal de Irlanda do Norte, membros do concello italiano de Petrosino e representantes do municipio de Zemplínske Hámre de Eslovaquia.
Membros do concello de Vimianzo aproveitaron a xornada de onte para darlle a coñecer aos participantes tanto a gastronomía do municipio como lugares tan emblemáticos como o Castelo ou a igrexa de Cereixo. Ao parecer, os asistentes "quedaron sorprendidos" cos espazos que esconde o municipio vimiancés.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo.