Venres. 26.04.2024
El tiempo

A empresa do irmán do alcalde de Vimianzo cobrou ao concello ao triple do prezo de mercado

A empresa do irmán do alcalde de Vimianzo cobrou ao concello ao triple do prezo de mercado

Hoxe publica o diario El País un estudio das contas do concello de Vimianzo bastante clarificador. O feito de que a empresa do irmán do alcalde sexa a única que participa nos concursos que saca o concello é algo máis que sabido. Asemade, ao vermos os datos así de impactantes, non deixamos de sorprendernos como pode pasar e que todo un concello e toda unha bisbarra non proteste.

Segundo El País, o concello paga á empresa Manuel Rodríguez Lema, SL,un 165% por riba do prezo do mercado na Costa da Morte por material de construción coma un saco de cemento ou unha hora de traballo de grúá; ou ata un 221% por un bote de un kilo de pintura de caucho color teja del país.

A Casa da Cultura foi dos exemplos máis alucinantes. Cun retraso de case que 2 anos, o concello precisou incrementar nun 30% o orzamento porque a empresa non rematara a construción por falta de presuposto, cando estaba cobrando ao triple do habitual.

As cifras totais fan tremer. Dende o 2003, nada menos que 491.000 euros pasaron das arcas do concello á da empresa do irmán do alcalde.<

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios