Martes. 10.09.2024
El tiempo

A Fagía xa puxo os garbanzos a remollo

A Fagía xa puxo os garbanzos a remollo
Cartel da Fagia de Carnes de Alicia Bana

Pouco falta xa para a Fagía de Carnés, unha festa gastronómica con 400 anos de historia e unha das 9 Festas de Interese Turístico Galego. O ano pasado foron 2000 racións de callos as servidas no campo centenario da Cerca e este ano as previsións son as mesmas, pois a festa vai a máis.

De feito, este curso a Cofradía de Amigos da Faguía quixo comezar cun concurso de carteis a través da súa páxina de Facebook para conseguir un cartel ben xeitoso. Foron 6 os carteis finalistas e a idea ganadora foi da moza Alicia Baña Castro e a cofradía ten previsto editar o cartel.

O que non poderá facer a Cofradía este ano é entregar as Tellas de Ouro e Prata a seis personalidades que destaquen polo seu apoio á festa, debido á morte do seu gran maestre Ramón Santos, pero colaborará nos oficios relixiosos da festa e fallou este premio previamente convocado. De feito unha representación do cabildo mantivo unha reunión no palacio arzobispal en Santiago para tratar diversos asuntos concernentes á festa e á continuación da cofradía coas autoridades do Arzobispado de Santiago. O cabildo da cofradía estará momentaneamente presidido polo actual mordomo Andrés Rodriguez Martínez.

Festas do San Cristovo de Carnés

Fagia-San Cristovo Carnes 2014

A Fagía encádrase no marco das Festas do San Cristovo de Carnés. Este 2014 chega completa, e despois da festa gastronómica tocan 3 días de troula, con moita verbena para todos os gustos.

Novas relacionadas

Un estudio sobre a historia da Fagía de Carnés

Fonte

Comentarios