Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Fagía: 400 anos de historia concentrados en 3000 quilos de callos

A Fagía: 400 anos de historia concentrados en 3000 quilos de callos

Con total seguridade falamos da festa gastronómica máis antiga da Costa da Morte. 400 anos, os que ten a Confraría de San Cristovo de Carnés, a abalan. Xa Declarada de Interese Turistico Nacional no 2010, a festa dos callos de Carnés é toda unha referencia que non se pode perder.

E iso que antano non era festa, senón que era un día para que os pobres da zona tiveran algo quente que levar á boca. Tras varios anos nos que o día deixou de ter sentido pola bonanza económica, foi hai 21 anos cando a Confraría a reconvertíu na festa gastronómica que hoxe é.

O campo da Cerca, aló enriba, con vistas á vila vimiancesa, acolle a cita. Milleiros de persoas agólpanse dentro e fóra dos muros, recollen os seus tickets (desta volta 7€ pola cunca de barro e barra libre de callos e bebida) e póñense á espera para cazar a pota máis cercana. Pero non te preocupes, sempre chega unha máis.

Máis dunha ducia de cociñeiros e cociñeiras levan 2 días quecendo (o domingo todo o día e o luns dende as 4:00h da mañá...), a lume lento e en potas chicas (aí está o segredo), máis de 50 potas duns 50 litros cada dunha. Uns 3.000 quilos de callos que percorren o campo da festa para deleite dos asisentes. E todo acompañado do mellor pan de bolo.

O equipo de cociñeiros da Fagía de Carnés Fagia-Carnes-2012-Unhas-cantas-potas-a-lume-lento

Aló, no fondo do campo da Cerca, agarda o San Cristovo, mentres todos papan e bailan, ao que o devolvan á súa pequena igrexa.

A moda tamén estivo presente con CK e D&G na Fagía de Carnés

5 días de festa de San Cristovo

Pero ollo que a festa non acaba máis que de comezar. De hoxe en diante, e ata o o venres, haberá verbenas de primeira, coa París de Noia, (hoxe martes) ou a Ciclón.

Festas de San Cristovo de Carnés 2012

Novas relacionadas

Un estudio sobre a historia da Fagía de Carnés

Fonte

Comentarios