A FECOM organiza un Taller de Emprendemento Feminino

07:50 21/10/16

A FECOM organiza na súa sé (no Edifico de Servizos Múltiples da Rúa da Torre de Vimianzo), un Taller de Emprendemento Feminino dirixido a mulleres desempregadas e emprendedoras. para este vindeiro luns 25 de outubro, a partir das 9:30h.
Cómpre iscribirse no 900 10 18 16 ou 981 243 763 ou en info@fecomgalicia.com.
Programa
- 9:30 Explicación do proxecto, presentación das participantes e presentación da xornada.
- 9:45 Que é o autoempleo? Información básica para darse de alta como autónoma.
- 10:45 Pausa
- 11:15 Nosa carta de presentación: o plan de empresa.
- 12:00 Como analizar si o meu proxecto é viable? Método Canvas.
- 12:45 Financiamento. Axudas e subvencións, préstamos a través de entidades financeiras.
- 13:30 Traxectorias profesionais: experiencias de autónomas constituídas.
- 14:15 Networking. Posta en común.
- 15:30 Conclusións do taller.
Novas relacionadas
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).