A Garda Civil investiga a tres homes que colocaron un cebo envenenado para lobos
O achádego o pasado mes de outubro do cadáver dun cabalo en estado de descomposición no Monte Redondo, en Vimianzo, fixo que Garda Civil sospeitase dun novo posible caso de envelenamento. O Equipo de Seprona abría a Operación Vestimenta, despois de descubrir a existencia dun cebo que podería causar graves danos na fauna depredadora silvestre, maiormente en lobos e coincidindo cuns supostos ataques á cabana gandeira que pasta en réxime de semi liberdade nos montes de Vimianzo.
Seprona e a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con base en Vimianzo, activaron o plan de acción parra a loita contra o uso ilegal de veneno no medio rural de Galicia, e focalizaron a atención en tres veciños da zona, que xa están sendo investigados. Dous deles posúen gañado que pasta na zona do Monte Redondo e un deles é o propietario do cabalo no que se depositou o metaldehído coa finalidade de intoxicar aos lobos.
Cebo con veleno para lobos que produxo a morte do cabaloPlan de Acción contra os envelenamentos
Na actualidade a colocación de cebos envenenados no medio natural produce anualmente a morte de gran número de exemplares de fauna silvestre, ata protexida, así como de animais domésticos, polo que constitúe un importante factor de risco para a conservación das especies ameazadas, ao mesmo tempo que para a saúde das persoas. Motivado por iso, mediante Orde de 20 de marzo de 2017 da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio aprobouse o “Plan de acción para a loita contra o uso ilegal de veneno no medio natural de Galicia”, seguindo as directrices da Estratexia Nacional contra o uso ilegal de cebos envenenados no medio natural, aprobada o 23-09-2004, pola Comisión Nacional de Protección da Natureza.
O plan configúrase como un conxunto de actuacións a realizar pola Consellería competente en conservación da natureza, en coordinación con outros departamentos autonómicos e outras administracións e forzas de seguridade, coa finalidade de reducir e finalmente erradicar o uso ilegal do veneno no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O uso de veneno ou calquera método de destrución masiva ou non selectiva como método de control de predadores, ou con calquera fin, está expresamente prohibido por directivas europeas, estatais e autonómicas, ademais de estar tipificado como suposto delito no vigente Código Penal (artigo 336).
Vídeos naturais de Francisco Santiago López
- Francisco Santiago López lanza unha serie de vídeos sobre o lobo no seu canle Signatus Films.
- A importancia do Bosque Auténtico, nun novo vídeo de Signatus Films.
- De viaxe polos humidais costeiros con Francisco Santiago López.
- Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros.
- O Félix Rodríguez de la Fuente costeiro retrata a paisaxe do sistema do Xallas.
- Signatus Films caza o derradeiro lobo ibérico na Costa da Morte.
- Breve etoloxía do lobo ibérico por Francisco Santiago López na Costa da Morte.
- A ollada de Francisco Santiago López á fauna salvaxe da Costa da Morte: O xabarín.
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López
Novas da serie De Re Naturae
- Chisco Lema caza o lobo.
- O cormorán cristado e o picapeixe da Costa da Morte cazados por Chisco Lema.
- Os voos nupciais e o apareamento do Falcón Peregrino da Costa da Morte.
- O guincho volve á Costa.
- Chisco Lema participa nas Xornadas do Lobo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).