Venres. 11.10.2024
El tiempo

A hostalería de Vimianzo xa serve menús do Outono Gastronómico e Copas Tranquilas

A hostalería de Vimianzo xa serve menús do Outono Gastronómico e Copas Tranquilas
2015_OUTONO_GASTRONOMICO_COPAS_TRANQUILAS Son sempre un éxito estas Xornadas do Outono Gastronómico de Vimianzo. Unha proposta moi sinxela pero que resulta perfecta para parar a comer na capital de Soneira. Son varios os establecementos que ofertan un menú, con sabor de tempada, composto por 2 pratos e sobremesa por un prezo de 20€. Nesta edición participan os restaurantes Pastoriza, Casa Sabina, Vázquez e Casa Paco (Pasarela). Pero ademais, a novidade é que se adheriron distintos bares coa campaña "Copas tranquilas". Nesta iniciativa participan os establecementos A Lareira, Celme, A Rúa, Dialma, Hilton e Pastoriza. Ademais de distintas actuacións ofrecerán unha cartilla que haberá que ir selando en todos os establecementos. As cartillas que estean completas participarán nun sorteo dun menú para dúas persoas nun dos establecementos participantes no Outono Gastronómico. Para complementar esta oferta o Concello programou distintas actuacións musicais e de teatro os sábados ás 21:00 no Auditorio da Casa da Cultura. Outono Gastronomico Vimianzo 2015 2

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios