Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A música da Orquesta Sinfónica de Galicia chega a Carballo e a Vimianzo

A música da Orquesta Sinfónica de Galicia chega a Carballo e a Vimianzo
orquesta-sinfonica-galicia As actuacións enmárcanse no convenio co Consorcio para a Promoción de Música da Coruña asinado onte. Imaxe: Orquesta Sinfónica de Galicia Carballo e Vimianzo (entre outros concellos da provincia coruñesa) recibirán ao longo deste ano a vista dalgunha das agrupacións da Orquestra Sinfónica de Galicia. Este feito é posible grazas ao convenio co Consorcio para a Promoción de Música da Coruña asinado onte polo presidente da Deputación da Coruña - Valentín González Formoso -; a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da institución provincial - Goretti Sanmartín -; e o alcalde da Coruña - Xulio Ferreiro -. O obxecto deste convenio é  financiar o programa de actividades da Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) durante o ano 2018. O convenio supón unha achega económica de 1,5 millóns de euros por parte da Deputación e permitirá levar actuacións da OSG a diversos municipios e colexios coruñeses. Ademais da Coruña, onde ten a súa sede, as distintas agrupacións da Orquestra Sinfónica de Galicia visitarán concellos coma Santiago de Compostela, Ferrol, Sada, Betanzos, Carballo, Melide, Rianxo, Culleredo, Arteixo e Vimianzo. O acordo recolle actividades como a Tempada da Orquestra Sinfónica de Galicia na Coruña con 21 concertos de abono dos venres, nove concertos de abono dos sábados e concertos extraordinarios. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que que se trata dun “convenio importante para a cidade e a provincia da Coruña, que supón un decidido apoio á difusión da música clásica achegando aos concellos máis pequenos a oferta das distintas agrupacións da Orquestra Sinfónica co fin de que toda a poboación poda gozar da súa programación". Pola súa parte, a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín apuntou que o convenio contribúe á "formación de novos públicos e intérpretes entre as xeracións máis novas, con programas formativos que entroncan directamente coas nosas bolsas artísticas e facilitan a consolidación de novas traxectorias profesionais no ámbito da música clásica". O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, salientou o "nivel de receptividade dos proxectos do Concello da Coruña na Deputación" e destacou as posibilidades que o convenio abre para que a "Orquestra Sinfónica estea presente no territorio por medio das distintas formacións que fan un papel importante na difusión e formación musical". Consciente da súa importancia, a Deputación da Coruña, a través das vías de colaboración, promove que o Consorcio amplíe as súas actividades fóra da cidade da Coruña, levando a OSG a Sada e Betanzos e traballando con Concellos como Carballo, Melide, Rianxo, Culleredo, Arteixo e Vimianzo para organizar concertos en función da dispoñibilidade de espazos e auditorios. Fonte

Comentarios