Venres. 26.04.2024
El tiempo

A polémica dos montes de Gorreis e Milleira dá un paso ao frente

A polémica dos montes de Gorreis e Milleira dá un paso ao frente
Raquel Rodríguez, do PP, media coa Xunta para buscar unha solución a xestión dos montes de Gorreis e Milleira Raquel Rodríguez, do PP, media coa Xunta para buscar unha solución a xestión dos montes de Gorreis e Milleira Unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Carantoña pola xestión dos montes de Gorreis e Milleira estase a convertir no novo motivo da falta de entendemento entre o goberno e a oposición do concello de Vimianzo. Así que desafiando ás demandas do alcalde, unha ducia de veciños, xunto con membros do Partido Popular, IxV e Terra Galega mantiveron onte unha reunión co xefe territorial de Medio Rural da Xunta de Galicia, Manuel Rodríguez, quen lles mostrou "a predisposición da Xunta para chegar a un acordo e que a xestión dos montes volva a mans municipais". Esta reunión chega despois de que o goberno local, liderado por Manuel Antelo, solicitase (sen resposta) unha entrevista co  Xefe Territorial de Medio Rural da Coruña para darlle solución ás exisencias dos veciños e proceder á disolución dos consorcios dos montes Milleira e Gorreis. “Levan tempo poñendo a escusa de que non solucionan o asunto porque a Xunta non lles recibe, e cando se lles convoca para unha reunión, escúsanse en que o procedemento da convocatoria non é o correcto”, apuntou Raquel Rodríguez, do PP, quen lamentou que ningún dos oito concelleiros do goberno municipal se “dignase” a acudir á reunión a pesar de ser convidados por parte da portavoz popular. “Sabemos que hai moitas familias pendentes de recuperar a xestión destes montes consorciados" apuntou Raquel Rodríguez, quen fixo un chamamento ao goberno local para que deixe de lado calquera “interese político” e se sente a dialogar coa Xunta de Galicia. Neste sentido, segundo indican nunha nota de prensa remitida á redacción de QPC, a popular insistiu na “boa predisposición” mostrada pola xefe territorial, e incidiu en que as asociacións representantes dos montes de Gorreis e de Milleira teñen unha boa oportunidade para “solucionar” un asunto que leva “enquistado” moito tempo por falta de diálogo.  

Novas relacionadas

Fonte

Entradas Relacionadas

 

Comentarios