Os veciños de Carantoña terán que esixir á Xunta os montes Milleira e Gorreis


O pleno da corporación do Concello de Vimianzo aprobou por unanimidade a aprobación da reclamación feita polos veciños e veciñas de Carantoña ante a Xunta de Galicia para reclamar a titularidade lexítima dos montes Milleira e Gorreis. O Alcalde de Vimianzo convocou un pleno extraordinario de urxencia ante o requirimento recibido o luns no concello da Xunta de Galicia, no que de non adoptarse un acordo no pleno e manifestarllo á Xunta de Galicia o mesmo, entenderíase que o Concello se opoñía á recoñecemento da titularidade aos veciños.
Unha vez obtido o acordo da corporación no pleno, no que faltaron dous edís do Partido Popular e un non adscrito, agora correspóndelle á Xunta de Galicia cumprir o acordo e recoñecerlle a titularidade dos montes aos veciños e veciñas de Carantoña.
O Concello agarda que se cumpra o obxectivo recoñecéndolle a titularidade dos montes Gorreis e Milleira aos seus lexítimos donos, os veciños e veciñas de Carantoña, que levan loitando moitos anos para que se faga xustiza cos seus montes.
Novas relacionadas
- O pobo de Vimianzo vólcase ca solidariedade.
- Unha broma pesada en Vimianzo.
- O Concello de Vimianzo propón obras para o POS e aproba axudas.