Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Rede Europea para a Mobilidade Laboral para en Vimianzo

A Rede Europea para a Mobilidade Laboral para en Vimianzo
Unha expedicon de Croacia tamen aprendeu das experiencias de Camarinas Camariñas tamén ten un Proxecto Europeo en marcha con xentes de Croacia

Un dos 12 únicos proxectos aprobados en toda a Unión Europea dentro do programa Europa cos Cidadáns, acaba de ser outurgado ao Concello de Vimianzo. O proxecto «ERN4mob – European Rural Network for Job Mobility», no marco da «Rede Rural Europea para a Mobilidade Laboral», está xa en marcha tras ser outorgado pola Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA) da Unión Europea.

ERN4mob é un proxecto europeo dirixido á cidadanía do medio rural, cofinanciado polo programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 (Medida 2.2: Redes de Cidades), e ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e de fóra dela que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que traballe a prol da cidadanía para a integración social e laboral, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural. O proxecto ERN4mob ten un orzamento total de 127.500,00 euros, cofinanciado nun 100 % polo programa Europa cos Cidadáns.

470 cidadáns de todas as idades, que residan nas comunidades locais do proxecto, poderán participar nos diferentes encontros internacionais previstos. O primeiro e o derradeiro deles terán lugar en Vimianzo: o encontro de posta en marcha, en febreiro de 2016, e un Congreso internacional para a mobilidade no rural da UE, en novembro de 2017.

Colaboración internacional

O proxecto ERN4mob está promovido polo Concello de Vimianzo, xunto con institucións doutros cinco países: outros dous concellos, de Italia e Polonia (Petrosino e Kostrzyn nad Odra), a Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo (Portugal), o Consello de Distrito de Newry, Mourne e Down (Irlanda do Norte, Reino Unido) e a Prefectura de Fthiotida (Grecia). A idea do proxecto xorde a raíz do feito de ser o municipio de Vimianzo unha zona caracterizada pola emigración dos seus cidadáns, principalmente por razóns económicas e laborais. No proxecto participarán así 24 municipios rurais de 6 países da UE, que desenvolverán durante un período de 2 anos (entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017) un amplo abano de actividades de participación cidadá a nivel local e internacional co fin de sentar as bases dunha Rede rural europea para a mobilidade laboral.

A través destas accións, realizarase un diagnóstico da situación e as necesidades das comunidades participantes no proxecto sobre a mobilidade laboral europea, identificaranse boas prácticas locais, nacionais e europeas que serán transferidas á rede e desenvolveranse liñas de actuación, actividades e ferramentas para ser promovidos por esta a fin de mellorar os servizos de apoio á integración positiva das persoas involucradas nun proceso de mobilidade, así como para fomentar a convivencia na diversidade das comunidades participantes. Por último, co fin de garantir a continuidade da rede máis alá da vida do proxecto, elaborarase un plan de transferibilidade e sustentabilidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios