A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo


Volveron, un ano máis, e xa van 20, a tomar o Val de Soneira os bravos irmandiños de Vimianzo. Cumplía 20 anos o Asalto ao Castelo de Vimianzo e o fixo cunha festa das que cómpre lembrar. Nin a friaxe puido ca valentía dos labregos costeiros, que se levantaron e botaron aos nobles fóra das nosas terras.
É precisamente esa recreación teatral da Revolta Irmandiña do século XV, este ano chamada a “Herdanza Meiga”, a que fai tan sigular esta festa. É a etiqueta principal, a máis potente, e a que acolleu máis xente, se ben durante todo o día, durante toda a semana, e durante todo o mes, o Asalto ao Castelo notouse en toda a comarca. Notaron os organizadores que hai xente que vén só á representación a disfrutar da historia pero tamén do tinte parateatral, é dicir os fogos de artificio, os fachos, a loita da auga… Víronse moitos pais e nais cos fill@s nun ateigado foxo, onde se puido seguir a obra a través das pantallas e do bo audio.
Era pouco antes da media noite, despois de que Ruaille Buaille rompese o xeo, baixaron as luces e alguén berrou: Acción!. Comezaba o auténtico Asalto, a representación. Volvía Ghillermo Méndez tomar o mando da obra e armou un espectáculo máis musical, cunha trama tremendamente inquedante.



Armados con fachos, os labregos irmandiños arrincaron cara o foxo do castelo, coa premisa de acabar cos nobles. Esa peregrinación é un dos puntos máis fantásticos de todo o Asalto, que culmina ca chegada ao Foxo. E aí cando comeza a verdadeira loita. Os gardiáns do Castelo non teñen remilgos cos asistentes e a loita de globos de auga non deixa títeres con cabeza. Comeza a loita, que sempre remata coa verdadeira historia de como os labregos irmandiños conseguiron bater o Castelo. Os fogos de artificios e os berros encheron o val de Soneira.

Xa de volta, continuou o festival musical. Se cadra facía falta un cabeza de cartel máis grande para esta pata da festa, ou un ton máis folqueiro, pero o campo da festa está ben cheo de xente a pesar da friaxe. Moita festa e troula con Alamedados Oulna e con Dakidarría, e tamén cos aragoneses Artistas del Gremio, sacaron as trompetas de novo e aínda fixeron un último pase de fin de festa a pé de pista, facendo bailar coma tolos os que aguantaron ata as case 8:00h da mañá no campo da festa.
Marea de actividades

Polo día houbo máis xente que nunca, e iso “dalle moita forza ao Asalto“. A resposta de toda a veciñanza foi resposta fenomenal. O Asaltiño foi espectacular, con case un milleiro de persoas pendente, con moitos pais que repiten pois xa saben que os rapaces o pasan en grande.
A visita teatralizada encheu o Castelo, e vibrou cos Cantos de Taberna do Coro de Tanxedoira nun escenario inmellorable con preto de 300 persoas escoitando, ou vendo o espectáculo. A danza de Costa de Marfil gustou moito e a feira, con arredor de 25 postos, estivo ao longo do día moi animada, e con moita xente.
De Pinchos
A versión gastronómica do Asalto non podía faltar. Houbo moitísimo movemento nuns bares vimianceses que deberían aplaudir e agradecer o labor da organización como o evento máis importante do ano, pois demostrouse que todo o pobo de Vimianzo e arredores estaba esperando os Pinchos como auga de maio. Principalmente, as noites foron máis irmandiñas, e xa durante as dos martes, mércores e xoves houbo troula, sobre todo a do xoves, coa Trubisquiña armándoa por aí e un fenomenal espazo itinerante dos rapaces do Instituto facendo uns orixinais cantares de cego e de amigo.
Que dicir da Cea Medieval do venres, un auténtico bombazo, que non pode medrar se non estoupa. E o sábado os visitantes invadiron os bares para disfrutar desa ruta dos pinchos entre os que había grandes xoias gastronómicas, como as do Montevideo, o Edreira, o Vázquez ou o Castillo, entre os que poden estar os gañadores das votacións.
Un éxito fantástico, ao que lle temos que agradecer á brava xente irmandiña da Cherinkas. Que non cansen nunca!
Novas relacionadas
- Bo relevo para armar un 20º aniversario do Asalto ao Castelo cheo de música.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).