Aberto o prazo de inscrición para a visita á Faguía de Carnés
08:04 29/06/18
Co verán xa en marcha o concello de Vimianzo vén de abrir o prazo de inscricións para participar nas distintas actividades programadas pola concellería de Cultura e nas que o patrimonio e a arqueoloxía serán dous dos pratos fortes.
As actividades comezarán o luns despois do Asalto ao Castelo - o día 9 - cunha visitá especial á Faguía de Carnés - unha festa de Interese Turístico de Galicia -. A intención da actividade é recordar e destacar os valores culturais que levaron a esta festa a obter tal recoñecemento. Nun percorrido que sae do castelo en bus, percorrendo lugares como Pedra do Frade ou Santa Cristiña, onde aínda se agochan moitas lendas, ritos e tradicións, ata chegar á famosa Cerca de Carnés, onde se poderá descubrir como se prepara esta histórica festa gastronómica, a primeira que se coñece documentalmente en Galicia.
A inscrición estará aberta ata o venres 6 de xullo a través de [email protected] ou no teléfono 981716001. A actividade ten un custe de 3 euros.
Novas relacionadas
Fonte
Redacción QPC ([email protected])
Concello de Vimianzo