AFAFES seguirá impartindo os cursos de memoria en VImianzo
08:51 30/03/19
César Bugallo, coordinador de AFAFES asinou este pasado venres un convenio de colaboración co Concello de Vimianzo para continuar co desenvolvemento dos talleres de memoria, nos que participan 125 persoas, e que desenvolven actividades de estimulación cognitiva e emocional, ademais doutras máis lúdicas como a gravación dun vídeo recitando poemas de Rosalía de Castro para celebrar o Día de Rosalía ou a recente visita ás escavacións do Castro das Barreiras.
Parece claro a importancia da presencia destas entidades nos concellos para prestar un servizo e un asesoramento moi necesarios para as familias nas que algún membro padece enfermidades mentais, máis concretamente a enfermidade de Alzheimer.
Novas relacionadas